viernes, 1 de junio de 2012

La directora xeral de Comercio, Nava Castro, acompañada de Rosa Rodríguez, concejala de comercio del Concello de Nigrán, nos entregan el segundo premio del Primer Concurso de Fotografía Re-MÍRATE

La directora xeral de Comercio, Nava Castro, acompañada de Rosa Rodríguez, concejala de comercio del Concello de Nigrán, hacen entrega  del segundo premio del Primer Concurso de Fotografía Re-MÍRATE organizado por la Consellería de Economía e Industria de la Xunta de Galicia a Rosa María Borrajo y Ángel Pérez, gerentes SOTOBÓ  Moda Urbana.


O concurso de fotografía comercial Re-mírate organizado por Economía e Industria premia unha imaxe da tenda de moda Sotobó


A directora xeral de Comercio, Nava Castro, entregou hoxe en Nigrán o galardón aos 
premiados, que recibirán asesoramento especializado en escaparatismo
A fotografía forma parte da imaxe do Portal do Comerciante, unha iniciativa da Consellería para a dinamización e impulso á modernización do sectoren GaliciaA modernización e protección do comercio de proximidade é unha prioridade para a Xunta, que ten en marcha o Plan Ágora, Agora Re-Comercia



Nigrán, 31 de maio de 2012.- A directora xeral de Comercio, Nava Castro, entregou hoxe en Nigrán na tenda de moda Sotobó o segundo premio do certame Re-Mírate de fotografía comercial, un concurso organizado pola Consellería de Economía e Industria na súa continua aposta polas novas tecnoloxías aplicadas ao sector comercial e á promoción do mesmo.
Todos os establecementos premiados neste galardón, que tiña por obxectivo buscar unha nova imaxe para o Portal do Comerciante, http://portaldocomerciante.xunta.es, da Dirección Xeral de Comercio, recibirán o asesoramento dun experto en escaparatismo e visual merchandising. As fotos foron escollidas polos votos recibidos a través da páxina en Facebook da Rede de Dinamización Comercial Re-dic, www.facebook.com/portaldocomerciante, e da decisión dun xurado.
No acto de entrega do galardón a directora xeral de Comercio recordou que a protección ea modernización do comercio de proximidade é un obxectivo prioritario para a Consellería de Economía e Industria, que ten en marcha o Plan Ágora, Agora Re-Comercia.
Nava Castro felicitou aos responsables do establecemento, unha tenda de moda urbana para home cunha importante presenza en internet e nas redes sociais, tanto polo galardón recibido como pola dinamización da súa tenda, na que as novas tecnoloxías xogan un importante papel.
Portal do Comerciante
O Portal do Comerciante, posto en marcha pola Consellería de Economía e Industria a finais do mes de xullo pasado, é unha web pioneira que ten por obxectivo impulsar a mellora competitiva do sector comercial en Galicia.Trátase dunha nova ferramenta de información e formación para o comercio de proximidade, que facilita a creación de novos negocios, a análise da viabilidade de novos proxectos, así como diversos servizos interactivos abertos á participación permanente de comerciantes e consumidores. Entre estes, destaca especialmente a posta en marcha dunha asesoría on line que permite realizar consultas rápidas a expertos da Dirección Xeral de Comercio. Este portal constitúe unha ferramenta útil e accesible para o sector con contidos especializados para impulsar a modernización eo desenvolvemento do comercio galego.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...