domingo, 20 de noviembre de 2011

Ya es Navidad en Sotobó


¡NO DEJES TUS COMPRAS NAVIDEÑAS PARA EL ÚLTIMO MOMENTO!!
En Sotobó YA ES NAVIDAD,
¡Evita aglomeraciones y el estrés de última hora y recuerda que en el Centro Comercial Ramallosa tienes una hora de Parking GRATIS!!


evitar, prevenir, precaver, eludir, esquivar los......... 






domingo, 6 de noviembre de 2011

Merca na Rua sorteou 3.000 euros en vales de compra para o comercio local de Nigrán

A campaña ‘Merca na rúa’ de Economía e Industria premia as compras no comercio de Nigrán




A directora xeral de Comercio, Nava Castro, participou esta tarde na Ramallosa entrega de vales de compra por valor de 3.000 euros entre os consumidores dos establecementos de proximidade deste municipio pontevedrés
A iniciativa, que ademais de nesta localidade se celebra en Cuntis, Ribadumia, Vilagarcía de Arousa e Soutomaior ponse en marcha a través da Oficina Provincial de Comercio, que forma parte da rede Re-Dic




Nigrán, 5 de novembro de 2011.- A directora xeral de Comercio da Consellería de Economía e Industria, Nava Castro, participou esta tarde na Ramallosa, en Nigrán, na festa de peche e entrega de premios da campaña Merca na Rúa. Esta iniciativa, impulsada por Economía e Industria na súa aposta estratéxica pola modernización e dinamización do comercio de proximidade, incentiva as compras no comercio local ao longo de dúas semanas, ao remate das cales se celebra unha festa final na que se sortean entre todos os clientes vales de compra por valor de 3.000 euros. Na presente edición, ademais de Nigrán, participaron os concellos de Cuntis, Ribadumia e Soutomaior e Vilagarcía de Arousa, localidade onde aínda non se pechou a campaña.
Nava Castro salientou que o éxito de Merca na Rúa, que botou a andar en 2009, reside en que non só saen beneficiados os clientes, que ven premiada a súa fidelidade e contribúen á dinamización económica das súas vilas, senón que “tamén se beneficia dobremente ao comercio local, porque se potencia a súa actividade ao longo de quince días e unha vez finalizada a campaña o importe dos premios reinvístense nos seus propios establecementos”.
O programa Merca na Rúa ponse en marcha a través da Oficina Provincial de Comercio de Pontevedra, financiada por Economía e Industria a través dun programa de colaboración coa Deputación provincial, e que forma parte da Rede de Dinamización Comercial de Galicia, Re-Dic. Esta rede conta con 52 puntos de información en toda Galicia, 22 deles en Pontevedra, e foi creada, xunto con iniciativas como a creación do Portal do Comerciante ou as Mesas Locais de Comercio co obxectivo de abrir canles de comunicación directas e eficaces entre os comerciantes e a Administración.



Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...