sábado, 5 de mayo de 2012

Sotobó colabora en el vestuario del nuevo show de TVG "O CLAN DOS IMPOSTORES"


Talent show cun formato innovador onde cinco famosos galegos compiten en distintos retos, a proposta do cidadán galego, ante un esixente xurado e o veredicto do público presente. Presentado por Belén Xestal e Rafa Durán, detrás de cada papel de impostor están María Mera, Pili Pampín, Óscar Pereiro, Xacobe Pérez e Lito.

Oscar Pereiro con una camiseta Giappo







 
Xavier Picallo con una gorra MILLARES:


 AGRADECIMIENTOS DO PROGRAMA:


O clan dos impostores (03/05/2012):



Son personaxes coñecidos polo público galego que agora se transforman para integrar “O clan dos impostores”, o novo programa de espectáculo que a TVG estrea esta noite na súa aposta polo “talent show”, cun formato innovador onde cinco famosos galegos compiten en distintos retos, a proposta do cidadán galego, ante un esixente xurado e o veredicto do público presente.  

    Presentado por Belén Xestal e Rafa Durán, expertos mestres de cerimonias, detrás de cada papel de impostor están María Mera (actriz), Pili Pampín (cantante), Óscar Pereiro (gañador do Tour de Francia 2006), Xacobe Pérez (humorista) e Lito (líder da orquestra Panorama), que visitarán lugares de toda Galicia para vivir durante unha xornada unha experiencia singular. E por que son impostores? Pois porque terán que desenvolver un exercicio creativo de inmersión na realidade galega para facer de algo que non é o seu, compartindo unha xornada de traballo cun cidadán galego. Entre os retos poden figurar oficios e ocupacións de calquera sitio, acontecementos do calendario galego, como festas e feiras; eventos deportivos e privados, como vodas e comuñóns, e probas ideadas pola audiencia.

     A proposta do público, cada programa lle asignará ao impostor unha misión ou reto, que deberá cumprir, e en cada experiencia os impostores deberán convencer a un personaxe anónimo da contorna para que asista ao programa e interveña como “Padriño” no proceso de votación cunha alegación ao seu favor. Os detalles da experiencia servirán para dar letra á canción e ao número artístico que o impostor terá que presentar e defender no programa, diante do xurado, asistindo antes a todos os ensaios pertinentes para preparar a voz e a posta en escena.

    Amais dos “Padriños”, o outro set do programa é o destinado ao xurado, presidido por Paula Carballeira (actriz), Xavier Picallo (director e autor teatral) e por un artista convidado en cada ocasión. O impostor gañador de cada programa recibe un cheque cunha cantidade en metálico que destinará a unha ONG ou a unha causa benéfica concreta seleccionada por el.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...