miércoles, 29 de febrero de 2012

No Val Miñor pintámola por ti, papá...



A Asociación de Empresarios do Val Miñor, con motivo do Día do Pai, quere premiar a fidelidade dos consumidores nos comercios do Val Miñor, mediante a realización dun concurso de debuxo infantil.Os participantes deberán realizar un debuxo como agasallo ó seu pai, e ter idades comprendidas entre os 0 e os 12 anos.A técnica usada nos mesmos é libre.Só se admitirá un debuxo por nen@.

Haberá tres finalistas, un por cada unha das seguintes franxas de idade: 0 a 5 anos; 6 a 9 anos; 10 a 12 anos
A elección dos mellores debuxos levarase a cabo por un xurado formado por membros da Xunta Directiva da Asociación. Os nen@s gañadores do concurso recibirán un agasallo proporcionado polos establecementos colaboradores; ademais, os pais dos nen@s  gañadores, serán obsequiados con un pack de tratamentos no Talaso Atlántico.

O período de realización dos debuxos comenzará o día 01 de Marzo e finalizará o 14 de Marzo de 2012, sendo expostos do 15 ao 17 de Marzo, no Centro Comercial Ramallosa; ademais, os tres debuxos gañadores serán publicados na paxina web da Asociación de Empresarios e Comerciantes do Val Miñor, así como no seu perfil no Facebook. A entrega dos premios realizarase o Sábado 17 de Marzo as 12:00 no Centro Comercial Ramallosa.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...